Piruleta Vermella en Bragacine 2014

cartaz bragacine main

O vindeiro Sábado día 8 de Novembro, Piruleta Vermella viaxa a Braga (Portugal) co gallo da preestrea da curtametraxe Querido Tomás, de Uxía Blanco. O filme foi seleccionado para formar parte da sesión de apertura oficial da 12ª Edición do Festival Internacional de Cinema Bragacine, e proxectarase ás 21:45 horas no Auditorio B1 do Campus Gualtar da Universidade do Minho.

A curtametraxe está inspirada na novela homónima do afamado escritor galego Xosé Neira Vilas, conta con guión da escritora e membro da Real Academia Galega, Fina Casalderrey, e está producida por Piruleta Vermella en colaboración con SagaTV.

Os nosos “piruletos” Xoan Vidal e Diego de Coo participaron nas labores de posprodución do filme, encargándose da montaxe e a etalonaxe final.

Querido Tomás naceu coma un proxecto personal da súa directora Uxía Blanco, e dende Piruleta Vermella estamos moi orgullosos de que nos teña invitado a compartir con ela unha experiencia que, entre outras cousas, deunos pra coñecer e aprender de dous grandes das nosas letras coma son Xosé Neira Vilas e Fina Casalderrey. Asimesmo, comprobamos en directo a profesionalidade e saber facer dunha actriz da talla de Uxía, unha das actrices galegas de máis recoñecidas do medio. E por se isto fose pouco, tamén coñecimos a Xavi Font, un dos músicos de maior proxección internacional do noso país. Responsable da premiadísima banda sonora de O apóstolo e nominado a un Goya por Agallas.

Unha experiencia inolvidable e moi didáctica que pon de manifesto o valor principal da nosa Asociación: desfrutar facendo e compartindo cine.

Dende Piruleta Vermella desexámoslle tanto ó filme coma a súa directora o maior dos éxitos.

QueridoTomás Cartaz

Pincha pra ver o flyer do Festival:  FLYER FINAL A4 desdobravel

Dado que trátase dunha prestrea, aínda non podemos subir a curtametraxe á nosa web. Prometemos subila en canto se rematen os compromisos de exhibición para que a poidades desfrutar todos. Gracias pola vosa comprensión.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.