PEQUENAS INICIATIVAS

O pasado sábado rematamos o mes en Dinamo coworking cunha especialísima sesión das que nos gusta facer a nós. O noso traballo audiovisual é de todos e para todos, incluso para os que aínda non o controlamos tanto como os nosos colaboradores máis avanzados pero, grazas a eles, podemos achegarnos a este marabilloso mundo pouco a pouco.

Gran parte do noso equipo uniuse nunha sesión do nunca visto na nosa asociación. Comezamos a mañá cunha charla do noso equipo máis técnico sobre algúns dos aspectos máis importantes da edición de curtametraxes. Historia, planos, erros máis frecuentes, importancia do son e da música… foron algunhas das cousas que os nosos piruletos máis recentes aprenderon da mano de Diego de Coo mentres que con Xoán Vidal se achegaron ó complicado mundo da montaxe e todo o que iso implica tanto de traballo previo coma da montaxe propiamente dita.

Imágenes del curso de Montaje y Maquillaje de www.piruletavermella.com

E por se toda esa información non fose suficiente, apuntáronse a un segundo asalto finalizando así a mañá cunha masterclass da nosa maquilladora Olga Isorna, descubrindo todo o que pode significar a cor nun único plano, por non falar da fantástica sesión teórica da maquillaxe nas produccións audiovisuais.Imágenes del curso de Montaje y Maquillaje de www.piruletavermella.com

Non queremos esquecer todo o traballo previo realizado pola nosa produtora Blanca García quen foi a encargada de mobilizar ós mozos e mozas así coma ó noso equipo. Sen toda a súa labor, case sempre obviada por aqueles que descoñecemos este mundo, nada podería chegar a bo porto. Agradecer finalmente a implicación por parte de todos e todas os asistentes e todo o seu interese, tanto previo como durante a mañá, non perdendo nunca o sorriso nin a enerxía.

Imágenes del curso de Montaje y Maquillaje dewww.piruletavermella.com

Sen eles o noso traballo non sería posible!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.