Piruleta no Primavera do cine

A todo o equipo de Piruleta Vermella  énchesenos o peito ó pensar nas novas que vos traemos. A próxima semana estaremos, nada máis e nada menos que na 4ª edición do Festival Primavera do Cine organizada pola asociación Reencanto Producións na nosa cidade.

Trátase dun festival de obras audiovisuais galegas que consta de tres categorías diferentes nas que participar: curtametraxe, longametraxe e videoclip. A nosa curta será proxectada xunto a “Fadas e dragóns”, “The Fetch” e “Malas vibraciones” o vindeiro martes 2 de xuño no auditorio do concello ás 18:30. Pero para que ninguén de vós quede coas ganas podedes disfrutar da nosa curta e da marabillosa actuación das súas actrices o mércores 3 ás 19:40 ou o venres 5 ás 18:15 no Museo MARCO.

O  noso proxecto conta a historia dunha ” viúva de vivos” chamada Sara, quen é unha mestra de mediana idade , obsesionada por Tomás, o seu amor de xuventude, que un día emigrou a América. A historia está baseada no libro homónimo de Xosé Neira Vilas, guionizada por Fina Casalderrey e protagonizada e dirixida por Uxía Blanco. Contando con estes persoeiros a calidade do proxecto está asegurada!

Agardámosvos alí a todos e a todas (e ós vosos votos tamén, non os esquezades)!!