A ÚLTIMA MOEDA xa está disponible

Xa é posible ver a nosa última curtametraxe na web: A ÚLTIMA MOEDA. Unha curtametraxe escrita e dirixida por Fina Casalderrey na que temos participado todos os integrantes de Piruleta Vermella en maior ou menor medida. Unha obra da que nos sentimos moi orgullosos e que agora, despois do seu paso por festivais nacionais e internacionais, xa está ó voso dispor totalmente de balde:

O visionado en SD é de balde, pero na seguinte ligazón pódese pagar unha pequena cantidade en concepto de aluguer para o visionado en HD, o que nos axudará a continuar facendo cine.

Confiamos en que vos guste. Moitas grazas!!